Imaxinando e facendo outras culturas

Traballando na Feira Imaxinaria

“Liberdade é o meu vício!”

Sartre

Do 23 ao 26 de Agosto un grupo de persoas tivemos a oportunidade de xuntarnos na Feira imaxinaria, no Encontro de cultura libre de Galiza, unha iniciativa que se enmarcaba dentro dos Summer Labs e que tivo cita en Alg-a, en Valladares, en Vigo.

Os Summers Labs son unha serie de encontros que se espallan polo Arco Atlántico e teñen como obxectivo configurarse como espazos de encontro de artistas, hackers, investigadoras sociais e creadoras. En Agosto tivo lugar en Valadares e proximamente celebrarase un encontro en Guimaraes. O lugar escollido para celebrar o encontro foi o Laboratorio de Alg-a, un espazo físico onde esta [*comunidade*] de arte e acción [*libre.*] se reúne para realizar proxectos, obradoiros, etc…

Neste feirón de cultura libre puidemos ter a ocasión de atoparnos un grupo de colectivos e persoas e compartir coñecementos en torno a novos modelos de institucionalidade, sobre performance, sobre o común (procomún), os montes comunais, o cooperativismo,…Entre estes nodos atópabase o dos montes comunais, que é no que estiven colaborando, e no que seguimos traballando.

A proposta deste nodo pretendía facilitar a visualización dos conflictos derivados da progresiva desaparición dos montes comunáis, co obxectivo de mostrar a súa necesidade canto que espazo de socialización e ferramenta de xestión sustentábel do territorio. Se somos capaces de explicitar o invisíbel poderemos coñecer o procomún, como se dá a gobernanza , como se toman as decisións,  ver se pode existir un patrón común, e de existir en que principios se basea.

O impulso dunha cartografía expandida pode facilitar o reencontro cos nosos imaxinarios colectivos que están sendo devaluados por diversas forzas capitalísticas na procura da maximización do beneficio a curto prazo, a acumulación crecente de valor, proceso potenciado polo abandono do rural na Galiza.

Os obxectivos, entre outros son:

Converter as comuneiras nas protagonistas, non en ausentes, no devir dos montes comunais e do mantemento das comunidades rurais e garantes da cohesión interna e da propia supervivencia destas estruturas.

Acercar os montes comunáis á cultura dixital pode propiciar a transformación destas realidades, co obxectivo de entendelos dentro da lóxica do procomún.

Coñecer como se xestionan alternativas á propiedade pública e á privada e ver de primeira man como se constrúen estes modelos comunitarios e que relación establecen co mercado e co “público”

Coñecer/visualizar/interpretar as relacións que teñen as galegas no rural co territorio, que significado lle dan á “terra”, que ben sendo, en definitiva, algo máis que un espazo físico.

(hai máis información no grupo montes comunais en N-1 https://n-1.cc/pg/groups/1410131/nodo-montes-comunais/ )

Co obxectivo de poder impulsar este proxecto xuntámonos, por un lado persoas cuns coñecementos máis técnicos, que se están encargando da ferramenta web que nos permita xeolocalizar os contidos, tanto vídeo, como son, textos, fotos, etc. e outro grupo máis encargado da parte de documentación e de rexistro destes datos para posteriormente subilos á web que se creará.

Tratabase dun primeiro paso, de impulsar unha especie de prototipo da idea, materializala en parte, de (re)diseñar o proxecto, (re)plantealo e discutilo. Semella que ao final o proxecto segue adiante e en torno a el estanse artellando máis propostas relacionadas coa multifuncionalidade dos montes, internvencións artísticas, etc…

Hai moito camiño que andar, pero hai moitas gañas de estudar e reivindicar este modelo de commons, que debemos lembrar afecta a máis do 20% do territorio galego e implica a en torno a 500 000 galegas.

Para aquelas que desexen unirse a esta iniciativa poden facelo dende o propio grupo de N-1 onde iremos actualizando información. O proxecto está aberto e hackeando a frase de Sartre, nós somos moi viciosos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: